Silveira da Mota consegue neste libro unha imaxe viva da Galicia de finais do século XIX.
O libro editouse por primeira vez en Lisboa en 1889 e recolle as experiencias vividas polo seu autor tres anos antes en terras galegas. Silveira da Mota escribiu unha obra na que a viaxe por terras descoñecidas é tamén viaxe interior, permanente diálogo entre o viaxeiro e a realidade nova que comparece diante da súa sensibilidade. Como todo bo viaxeniro, concentra a súa atención sobre o máis pequeno, interésase polo miúdo e polo detalle cotián.
Ignacio Francisco Silveira dá Mota (Goiás, 26 de xullo de 1815 – Quissamã, 18 de abril de 1885) foi un xurista, político, empresario, terrateniente e propietario de plantacións brasileiro.