Bell, Aubrey F. G.

Bell
Bell, Aubrey F. G.

Naceu no ano 1881 no condado de Cumberland (Inglaterra), o mesmo lugar no que morrería en 1950. Estudou en Oxford, onde se familiarizou coa cultura greco-latina e coas literaturas italiana e francesa. Foi precisamente vivindo no sur de Francia cando empezou a interesarse polas culturas ibéricas. Aprendeu vasco e iniciou as súa viaxes por España e Portugal en calidade de corresponsal do diario Morning Post. A súa identificación con estes dous paises levouno a residir neles durante amplos períodos de tempo e a afondar na súa historia e nas súas culturas. Entre a súa extensa bibliografía destacan os seus estudios e traducións ó inglés de Gil Vicente e Fray Luis de León, os seus ensaios sobre literatura portuguesa e castelá e traballos de divulgación como El Renacimiento español.

Peregrino e viaxeiro das terras de España, é un dos maiores expertos no coñecemento das terras extremeñas e de Frai Luís de León. Ten diferentes publicacións sobre ambos temas e diferente bibliografía de viaxes.
Da súa viaxe galega deixonounos Galicia vista por un inglés.

As súas obras

Galicia vista por un inglés
galicia vista ingles
esgotado