Estás aquí:

Código: 2182

Eu, Jean Gabin

18,60  IVE INCLUIDO
Por primeira vez traducida para o galego, a obra de Goliarda Sapienza está a ser descuberta nos últimos anos por lectoras e lectores de toda Europa. Inédita ata a súa publicación en italiano neste 2011 por Einaudi Editore, a novela Eu, Jean Gabin sae na Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, colección que Galaxia tira do prelo coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Santiago.
Pode unha rapaza —abandonada toda a tarde no ventre seguro dun cinematógrafo— chegar a identificarse totalmente co actor Jean Gabin? Si, se esa rapaza se chama Goliarda Sapienza. A actriz de cinema convertida en escritora é unha das descubertas da narrativa italiana actual.

Lectoras e lectores estanse a achegar á súa obra literaria, que se volve publicar despois da súa morte. A autora refírese á súa narrativa denominándoa "autobiografía de contradicións", é dicir, trátase de volver sobre algúns momentos da propia vida para entender como o tempo se combina coa memoria e así ser consciente de que o pasado realmente está tan vivo que non se pode fixar dentro de nós.

Velaí aquela nena da Civita de Catania que formaba parte dunha minoría, a dos poucos antifascistas aínda resistentes na Italia dominada por un réxime totalitario vixilante e triunfante. O seu pai, un avogado odiado polos fascistas; a nai, socialista, que transforma a súa casa nun reduto de resistencia e de contracultura; e unha tribo de irmáns que perseguen, dun xeito contaxioso, os seus soños.

En Eu, Jean Gabin cóntase todo isto concentrado nunha presada de días. Novela publicada postumamente en 2011, escrita por unha actriz que acabou creando un dos personaxes literarios inesquecibles da narrativa italiana contemporánea.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 168
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 15/11/2011
Dimensións 135 x 210 mm. mm.
Colección: Biblioteca Compostela de Narrativa Europea
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-403-5
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Sapienza, Goliarda
goli

(Catania, 1924-1996) nace en Catania nunha familia socialista revolucionaria. A partir dos dezaseis anos vive en Roma, onde estuda na Academia de Arte Dramática. Nas décadas de 1950 e 1960 foi actriz de teatro e de cinema traballando, entre outros, con Luchino Visconti na película Senso, con Alessandro Blasetti e Citto Maselli. A súa primeira novela, Lettera aperta (1967), foi seguida por Il filo di mezzogiorno (1969), L'Università di Rebibbia (1983), Le certezze del dubbio (1987) e, postumamente, por L'arte della gioia (1998 e 2008) e o libro de contos Destino coatto (2002).

As súas obras

Eu, Jean Gabin
eu
18.60€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca Compostela de Narrativa Europea

A casa dos encontros
encontros
21.70€ CON IVE
A cea
cea
A desaparición de Esme Lennox
desap
20.95€ CON IVE
A elegancia do ourizo
ourizo
24.50€ CON IVE
A fama. Novela en nove historias
fama
18.40€ CON IVE
A medición do mundo
medicion
22.80€ CON IVE
A pensión Eva
pension eva
17.30€ CON IVE
A pista de area
pista
20.80€ CON IVE