Estás aquí:

Código: 1005

Escritos en galego

esgotado
Un libro que recolle os únicos textos que o gran pensador escribiu en lingua galega.
Neste libro podemos ler o poema "Nena das soledades" data de 1854 e tivo como destinatario o álbum de Elina Avendaño, irmá do pintor vigués Serafín Avendaño. O "Discurso" pronunciado por Murguía nos Xogos Florais de Tui publicouse por vez primeira na revista La Patria Gallega no ano 1891, data de celebración dese certame literario. O escrito coñecido como "Eduardo Pondal e a súa obra" provén dun manuscrito sen corrixir que viu a luz nos números 248-249 do Boletín de la Academia Gallega. O breve texto de homenaxe "A Curros" apareceu o 28 de febreiro de 1919 en Terra a Nosa. Suplemento de El Noroeste.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 80
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/03/2000
Dimensións 111 x 114 mm. mm.
Colección: Outros títulos de literatura
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-352-6
Observacións:

AUTORES/AS

Murguía, Manuel
murgiaa

Nado preto da Coruña en 1833, Manuel Antonio Martínez Murguía pasou a súa infancia en Santiago. En 1850 obtivo o grao de bacharel. En aqueles anos frecuentaba o Liceo de la Juventud de Santiago, onde chegou a coñecer a persoas como Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal ou Rosalía de Castro, coa que casou en 1858.

Murguía empezou a escribir desde moi novo. Aínda que tamén compuxo obras de ficción, a súa importancia reside sobre todo no seu labor xornalístico e nos seus traballos de historiografía, cos que se estableceu como un dos grandes pensadores do feito diferencial galego. Neste eido destaca a súa Historia de Galicia, publicada a partir de 1865, Los precursores (1885) e Galicia (1888). No campo do xornalismo é salientable a súa colaboración —nalgúns casos desempeña a función de director— en publicacións como El Diario de La Coruña, El Miño, La Ilustración Gallega y Asturiana ou La Patria Gallega.

En contacto, na súa xuventude, co ideario do provincionalismo, Murguía se converteu co paso do tempo nun dos dirixentes do rexionalismo. Tamén frecuentaba as tertulias da Cova Céltica. Murguía foi o primeiro presidente da Real Academia Galega, cargo que ocupou ata a súa morte en 1923.

As súas obras

Escritos en galego
foto
esgotado

COLECCIÓN

Outros títulos de literatura

A miña viaxe ás grañas do Sor
a miña viaxe as grañas
11.40€ CON IVE
Cantigas de Santa María (Esgotado)
cantigas santa maria
esgotado
Coloquio en coplas galegas
coloquio coplas
11.15€ CON IVE
Crónicas de onte e de hoxe
cronicas onte e hoxe
15.90€ CON IVE
Da miña acordanza. Memorias
da miña acordanza
31.50€ CON IVE
Debullar
debullar
8.50€ CON IVE
Disto e do outro. Antoloxía
foto
9.60€ CON IVE
Don Gabino
don gabino
15.10€ CON IVE