Estás aquí:

Código: 1024

Coloquio en coplas galegas

11,15  IVE INCLUIDO
En pleno século XVIII Martín Sarmiento escribiu este entremés de gran importancia no contexto dos séculos escuros.
O coloquio entre dúas ducias de galegos sérvelle a Sarmiento para plasmar a fala popular galega que recolleu nunha das súas viaxes a estas terras. Trátase dun entremés incompleto que desperta un interese especial por ser un texto de creación de lonxitude considerable no conxunto escaso de textos conservados dos séculos escuros. Un documento lingüístico de primeira orde.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 156
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/05/2002
Dimensións 137 x 190 mm.
Colección: Outros títulos de literatura
Nº na colección:
Edición: 2ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-498-1
Observacións:

AUTORES/AS

Sarmiento, Frai Martín
fray martin

Pedro José García Balboa naceu en 1695 en Vilafranca do Bierzo e morreu en Madrid en 1772. Ós catro meses de idade a familia trasladouse a Pontevedra, onde transcorreu a súa infancia. En 1710 entrou no mosteiro bieito de San Martín de Madrid. No periodo en que estudou Teoloxía en Salamanca tomou os apelidos Martín Sarmiento.

Sarmiento voltará a Galicia en 1745 e en 1754. Destas viaxes obterá unha grande cantidade de información sobre a lingua e a cultura galegas, sobre as que escribirá numerosos textos. Logo da primeira viaxe redactou escritos que o sitúan como fundador da lingüística galega, como Colección de voces y frases gallegas e o Glosario. Despois da segunda viaxe apareceu o Catálogo de voces vulgares y en especial de voces gallegas de diferentes vegetables, no que une os seus intereses pola lingua galega e pola botánica.

Estes e outros textos conforman unha contribución imprescindible para o coñecemento do galego do século XVIII. Sarmiento foi unha das grandes figuras da ilustración en España. Propuxo que ós galegos se lles ensinara no seu propio idioma, e recolleu gran cantidade de información etnolóxica, botánica, histórica e folclórica de Galicia. A pesar de que apenas escribiu en galego (Coloquio en mil duascentas coplas galegas), o seu interese pola lingua do noso país foille recoñecido coa dedicatoria do Día das Letras Galegas en 2002.

As súas obras

Sobre a lingua galega. Antoloxía de Martín Sarmiento
sobre lingua sarmiento
32.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Outros títulos de literatura

A miña viaxe ás grañas do Sor
a miña viaxe as grañas
11.40€ CON IVE
Cantigas de Santa María (Esgotado)
cantigas santa maria
esgotado
Coloquio en coplas galegas
coloquio coplas
11.15€ CON IVE
Crónicas de onte e de hoxe
cronicas onte e hoxe
15.90€ CON IVE
Da miña acordanza. Memorias
da miña acordanza
31.50€ CON IVE
Debullar
debullar
8.50€ CON IVE
Disto e do outro. Antoloxía
foto
9.60€ CON IVE
Don Gabino
don gabino
15.10€ CON IVE