Estás aquí:

Código: 998

Disto e do outro. Antoloxía

9,60  IVE INCLUIDO
Selección dos mellores textos xornalísticos de Blanco Torres, por primeira vez en galego.
Esta antoloxía esencial, preparada e traducida por Xesús Carballo Soliño, reúne as mellores prosas xornalísticas publicadas por Roberto Blanco Torres. No libro Disto e do outro, saído do prelo no ano 1930 en lingua castelá e presentado agora por primeira vez en galego, Blanco Torres deixou un intelixente e combativo testemuño do seu ideario galeguista e republicano. Vemos nestes textos a un xornalista culto e comprometido cos problemas e a realidade do país, que soubo expresar as súas inquedanzas cunha claridade e graza que xa na súa época obtiveron o recoñecemento merecido.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 116
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/03/1999
Dimensións 115 x 174 mm.
Colección: Outros títulos de literatura
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-262-8
Observacións:

AUTORES/AS

Blanco Torres, Roberto
roberto blanco

Ao xornalista e poeta Roberto Blanco Torres (Cuntis, 1891-Entrimo, 1936) dedicóuselle en 1999 o Día das Letras Galegas. Cursou estudos eclesiásticos e aos quince anos emigrou a Cuba, onde tomou contacto coas inquedanzas galeguistas e iniciou a súa actividade xornalística. Cando volve en 1917 a Galicia, empeza a colaborar con algúns dos máis importantes medios de prensa da época, tanto galegos como madrileños, entre os que figuran Galicia, El pueblo Gallego, El Noroeste e El Sol. A súa prosa xornalística, recollida en De esto y de lo otro (1930) combina a agudeza da análise cun espírito combativo que reflicte os seus ideais galeguistas e republicanos. Foi tamén autor dun libro de poemas, Orballo da medianoite (1929), de orientación vangardista. Morreu asasinado en 1936, vítima da sublevación militar contra a República.

As súas obras

Disto e do outro. Antoloxía
foto
9.60€ CON IVE

COLECCIÓN

Outros títulos de literatura

A miña viaxe ás grañas do Sor
a miña viaxe as grañas
11.40€ CON IVE
Cantigas de Santa María (Esgotado)
cantigas santa maria
esgotado
Coloquio en coplas galegas
coloquio coplas
11.15€ CON IVE
Crónicas de onte e de hoxe
cronicas onte e hoxe
15.90€ CON IVE
Da miña acordanza. Memorias
da miña acordanza
31.50€ CON IVE
Debullar
debullar
8.50€ CON IVE
Disto e do outro. Antoloxía
foto
9.60€ CON IVE
Don Gabino
don gabino
15.10€ CON IVE