Blanco Torres, Roberto

roberto blanco
Blanco Torres, Roberto

Ao xornalista e poeta Roberto Blanco Torres (Cuntis, 1891-Entrimo, 1936) dedicóuselle en 1999 o Día das Letras Galegas. Cursou estudos eclesiásticos e aos quince anos emigrou a Cuba, onde tomou contacto coas inquedanzas galeguistas e iniciou a súa actividade xornalística. Cando volve en 1917 a Galicia, empeza a colaborar con algúns dos máis importantes medios de prensa da época, tanto galegos como madrileños, entre os que figuran Galicia, El pueblo Gallego, El Noroeste e El Sol. A súa prosa xornalística, recollida en De esto y de lo otro (1930) combina a agudeza da análise cun espírito combativo que reflicte os seus ideais galeguistas e republicanos. Foi tamén autor dun libro de poemas, Orballo da medianoite (1929), de orientación vangardista. Morreu asasinado en 1936, vítima da sublevación militar contra a República.

As súas obras

Disto e do outro
foto
22.55€ CON IVE
Disto e do outro. Antoloxía
foto
9.60€ CON IVE