Murguía, Manuel

murgiaa
Murguía, Manuel

Nado preto da Coruña en 1833, Manuel Antonio Martínez Murguía pasou a súa infancia en Santiago. En 1850 obtivo o grao de bacharel. En aqueles anos frecuentaba o Liceo de la Juventud de Santiago, onde chegou a coñecer a persoas como Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal ou Rosalía de Castro, coa que casou en 1858.

Murguía empezou a escribir desde moi novo. Aínda que tamén compuxo obras de ficción, a súa importancia reside sobre todo no seu labor xornalístico e nos seus traballos de historiografía, cos que se estableceu como un dos grandes pensadores do feito diferencial galego. Neste eido destaca a súa Historia de Galicia, publicada a partir de 1865, Los precursores (1885) e Galicia (1888). No campo do xornalismo é salientable a súa colaboración —nalgúns casos desempeña a función de director— en publicacións como El Diario de La Coruña, El Miño, La Ilustración Gallega y Asturiana ou La Patria Gallega.

En contacto, na súa xuventude, co ideario do provincionalismo, Murguía se converteu co paso do tempo nun dos dirixentes do rexionalismo. Tamén frecuentaba as tertulias da Cova Céltica. Murguía foi o primeiro presidente da Real Academia Galega, cargo que ocupou ata a súa morte en 1923.

As súas obras

Rosalía de Castro vista por Manuel Murguía
9788411760607
22.80€ CON IVE
Escritos en galego
foto
esgotado