É a Lúa que baila… María Victoria Moreno e a lírica dos Seis poemas galegos de Federico García LorcaMaría Victoria MorenoUn volume singular e ata o de agora inédito da obra de María Victoria Moreno publicado pola Editorial Galaxia en colaboración co Consorcio de Santiago. Este novo libro ten como protagonista a faceta filolóxica, lectora e investigadora de María Victoria Moreno, e está presidido por “«Danza da lúa en Santiago». Suxerencias para unha aproximación a Federico García Lorca, poeta galego”, un estudo publicado orixinalmente no ano 1985 na revista madrileña de estudos galegos Madrygal. O volume inclúe tamén os Seis poemas galegos de Federico García Lorca, un anexo con comentarios de María Victoria Moreno á “Cantiga do neno da tenda” e un minucioso estudo introdutorio da man do académico e profesor Xesús Alonso Montero, que se sitúa xa como unha referencia no estudo da escrita de María Victoria Moreno. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasActividades relacionadasNovidades
| |||||||||||
|