LETRAS GALEGAS 2023
Don Paco. Letras para a arte galega achega o lector a descoñecida presenza de Francisco Fernández del Riego en relación á arte galega. Un percorrido polas experiencias que tivo coa plástica e cos artistas e as circunstancias que as rodearon.
Un relato que se apoia no rigor documental, que pon en valor, a través dunha linguaxe sinxela, o seu importante labor en defensa da arte galega e o legado artístico material que deixou á cidade de Vigo.
(Vigo, 1977) é licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, coa especialidade de Patrimonio Histórico-Artístico. Desenvolve a súa actividade de xeito independente como investigadora e comisaria de exposicións, como na mostra, “Francisco Fernández del Riego. Nos vieiros da arte galega”, inaugurada en novembro de 2021.
O seu labor centrase, desde hai vinte anos, na recuperación da memoria histórico-artística de Vigo. Xoias da colección Álvarez, esplendor cerámico de Vigo e Catálogo de 1937. A Arte rexional na creación do Museo Municipal Quiñones de León, son algúns dos seus traballos.