Distancias é un artefacto poético concibido por Tamara Andrés e Marcos Viso, un álbum ilustrado sen fronteiras nin idades, unha pregunta constante, un deixarse levar.
Despois do sobre viaxeiro Bicos, laranxas e un feixe de pensamentos, Distancias é o segundo froito de Cartas ás 12, un proxecto que os dous creadores idearon para experimentar, para asombrarse, para establecer un diálogo sen xerarquías entre texto e ilustración, para amosar a literatura como unha arte en acción.
Ourense, 1973
Arquitecto Técnico pola Universidade de A Coruña.
Técnico superior en Ilustración pola Escola de Arte e Deseño Antón Failde.
É ilustrador de moitos libros galegos, entre outros, Avións de papel de Xavier Estévez. Distancias é o seu primeiro traballo para a Editorial Galaxia.
Tamara Andrés (Combarro, 1992) posiciónase sempre na palabra e a súa medida. Escribe, traduce, ensina, investiga e conta. A comezos de 2015 publicou o libro A mentalista, unha particular homenaxe a René Madritte. Nese mesco ano gañou o Premio de Poesía O Facho con Nenaespirqes. Posteriormente, textos seus foron premiados con diversos galardóns e publicados en obras colectivas, como en Winee-Rpses (Le Tour 1987) ou na antoloxía No seu despregar (Apiario).