Beatiz García Turnes (Santiago de Compostela, 1973) é doutora en Filoloxía Galega. Escribe dende adolescente e gañou premios como o Repsol de relatos curtos, o Camilo José Cela e o Minerva. A súa primeira novela, Valdamor (Galaxia, 2001), recibiu o Premio Lecturas da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). En Editorial Galaxia publicou tamén o discurso para as Súas Maxestades n’O libro dos Reis Magos (2012).
É autora das monografías A lingua galega entre 1875 e 1916. Situación social e consciencia idiomática (2004) e Vida e obra de Ramón Piñeiro (Galaxia, 2009). Tamén é coautora do Diccionario gallego-castellano, castellano-gallego (Galaxia, 2001) e do ensaio Antero de Quental e Teófilo Braga e a súa relación coas letras galegas (2016). Nos últimos anos publicou O ouro das lúas (Galaxia, 2018), destinada tamén ao público xuvenil, e Esta noite hei de ir a verte (Galaxia, 2021), que coñece xa catro reimpresións.
Naceu o 16 de novembro de 1973 en Vedra. Iniciou a súa faceta investigadora no
campo da lexicografía, no Instituto da Lingua Galega (ILG); posteriormente, ocupouse de
labores relacionados coa corrección, primeiro na EGAP e, despois, como
correctora do Diario de Sesións do Parlamento de Galicia. Na actualidade exerce
como profesora de ensino medio.
María Álvarez de la Granja (Vigo, 1971). É profesora da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e investigadora do Instituto da Lingua Galega (ILG). Publicou varios traballos sobre fraseoloxía, lexicografía, semántica e gramática. Coordinou o Diccionario gallego-castellano, castellano-gallego.