(Perdecanai, Barro, 1959) é poeta e marrador. Coa súa obra obtivo, entre outros premios, o Johán Carballeira de Poesía por Poemario irlandés (1999), o Benito Soto da Asociación de Libreiros de Pontevedra pola novela Soberano como mellor novela de 2004, o María Mariño de Poesía con Elexía dos aléns (2007), o Concello do Valadouro de Novela Curta con Un vulto sospeitoso (2007), o Manuel Murguía de Narrativa Brece por A gueixa no bosque de bambú (2014) e o Modesto R. Figueiredo con Pinbal do Pombal (2015). Ademais de colaborar en varias obras colectivas, é autor das novelas O paxaro de mel (2006) e Cris Canalla (2009).