Estás aquí:

Código: 516

Matar o heroe

23,95  IVE INCLUIDO
PREMIO VILAR PONTE DE NOVELA 2018
Ao rematar a Gran Guerra, Charles Bonne-Mort tenta aturar as eivas que lle legou o masacre industrializado. Escríbelle aunha antiga e íntima amizade, o xendarme René Saint-Rien, con quen compoartiu a tortura e o horror das trincheiras. As súas cartas, á vez laio de despedida e berro de auxilio, adquiren un ton confesional no que o protagonista da novela repasa os rostros máis escuros da propia existencia e as peripecias que viviu co seu camarada de armas. Será capaz de sobrevivir outra vez? Convertido en taxidermista na Güiana Francesa, loita consigo mesmo e contra uns cobizosos adversarios que trazan un plan para acabar co pouco que lle queda de vida. Nun territorio gobernado polo absurdo, a vida alegre do París fin de siècle, as noites de permiso en Pigalle e a ameaza dos obuses do canón Gran Berta dan paso ao clima abafante dunha vila illada pola selva. Adolfo Caamaño artella unha historia onde o realismo extremo convive coas situacións absurdas nunha lograda fórmula que combina a literatura grotesca de Jarry coa paixón pola exactitude de Zola. Narrativa cun senso do límite que sitúa a quen le na posición da decisión fronte á ficción. Unha novela singular, un universo ficcional único.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 444
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 07/04/2019
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 392
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-352-0
Observacións:

AUTORES/AS

Caamaño, Adolfo
adolfo-caamano

(Perdecanai, Barro, 1959) é poeta e marrador. Coa súa obra obtivo, entre outros premios, o Johán Carballeira de Poesía por Poemario irlandés (1999), o Benito Soto da Asociación de Libreiros de Pontevedra pola novela Soberano como mellor novela de 2004, o María Mariño de Poesía con Elexía dos aléns (2007), o Concello do Valadouro de Novela Curta con Un vulto sospeitoso (2007), o Manuel Murguía de Narrativa Brece por A gueixa no bosque de bambú (2014) e o Modesto R. Figueiredo con Pinbal do Pombal (2015). Ademais de colaborar en varias obras colectivas, é autor das novelas O paxaro de mel (2006) e Cris Canalla (2009).

As súas obras

Matar o heroe
matar-o-heroe
23.95€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE