Estás aquí:

Código: 2729

Cultura e política na Galicia do século XX

27,50  IVE INCLUIDO
Este libro analiza as relacións entre cultura e política na construción de Galicia como nación cultural no século XX.
A idea central é explicar a forte hexemonía da cultura e a súa acción política nos momentos máis decisivos da historia contemporánea galega, desde a aparición da xeración Nós ata a transición democrática e o nacente réxime autonómico. A partir de fontes ata agora pouco empregadas, nomeadamente epistolares, reconstrúense algunhas biografías intelectuais e analízase a fundación de grupos e institucións culturais, prestando especial atención ás relacións entre os núcleos de oposición no interior peninsular e co exilio americano. Dúas figuras, Luís Seoane e Ramón Piñeiro, encarnan os dous polos desas relacións, con disensos que non foron rupturas, entre os “heroes calados” do interior e os “emigrantes dun país soñado”, desde o exilio. Alén de ofrecer algunhas análises sobre a xestión da cultura, este libro axuda a entender a Galicia actual, en perspectiva comparada e nun contexto europeo e americano.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 420
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Ensaio
Nº na colección: 108
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-613-2
Observacións:

AUTORES/AS

Villares, Ramón
Ramon-Villares-©-Teresa-Navarro-420x220

Ramón Villares Paz (Xermade, 1951) é un dos historiadores galegos con maior prestixio e cunha obra de recoñecida solvencia na que destacan Foros, frades e fidalgos (1982), coa que obtivo o Premio da Crítica Galicia na modalidade de ensaio, Desamortización e réxime de propiedade (1994), Figuras da nación (1997), Fuga e retorno de Adrián Solovio (2006, 2007 e 2018) ou Identidade e afectos patrios (2017). Tamén cómpre salientar a súa faceta de divulgador da Historia de Galicia, singularmente cos seus libros A Historia (1984) e Historia de Galicia (2004, 2016), onde ofrece unha visión sintética das grandes etapas da historia galega e que tivo unha enorme repercusión entre os lectores do país. Foi presidente do Consello da Cultura Galega (2006-2018), decano da Facultade de Xeografía e Historia (1986-1990) e reitor magnífico da Universidade de Santiago de Compostela (1990-1994). Ademais dos xa citados, en 2005 foi galardoado co Premio Fernández Latorre e no 2018 co Premio da Cultura Galega de Proxección Exterior.

As súas obras

Historia de Galicia
Historia de Galicia
27.80€ CON IVE

COLECCIÓN

Ensaio

A arte do imposible
arte
25.40€ CON IVE
A condición homosexual
foto
22.95€ CON IVE
A cuestion ambiental en Galicia
ac uestion ambintal
28.60€ CON IVE
A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile
etapa portuguesa colon
21.40€ CON IVE
A Galicia clásica e barroca
foto
23.90€ CON IVE
A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá
9788471548832
esgotado
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
30.50€ CON IVE
A literatura galega contada aos escépticos
9788411762007
14.80€ CON IVE