Estás aquí:

Código: 354

Cruceiro de verán

16,30  IVE INCLUIDO
Galaxia publica ao tempo que no resto de Europa a novela inédita de Capote Cruceiro de verán.
Unha novela escrita en 1943 na que o autor norteaméricano traballaría durante unha década para, finalmente, deixala rematada pero sen chegar a publicala nunca.

No ano 1966, Truman Capote, logo do grandísimo éxito de In Cold Blood, abandona o seu piso nun soto de Brooklyn, deixando nel unha caixa con diversos papeis, que o porteiro do piso rescata do lixo e conserva ata súa morte.

No outono do 2004, esa caixa é depósitada na casa de poxas de Sotheby´s para venderen o seu contido, descobréndose que nela hai varios cadernos co manuscrito dunha novela inédita titulada Cruceiro de verán.

Dez anos traballou Truman Capote nesta novela, ao longo dos cales abandonaríaa e retomaríaa varias veces. Cruceiro de verán se desenvolve en Nova York xusto despois da segunda Guerra Mundial e conta a historia de Grady McNeil, unha rapaza de dazasete anos que convence aos seus pais para que a deixen pasar soa o verán mentres eles viaxan a Europa nun cruceiro. Grady, que forma parte da burguesía podente, agáchalles que en realidade está a vivir unha relación amorosa cun veterano de guerra de orixe xudía que traballa nun aparcamento.

Esta é unha novela precoz, probablemente a primeira novela escrita por Capote, na que amosa un estilo brillante, de metáforas refulxentes, e un instinto narrativo inigualable.
O dominio da frase, a ironía, a súa capacidade para describir sutilmente os matices das relacións humanas, fan desta novela un tesouro literario, antecedente dos seus grandes triunfos como escritor.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 152
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 11/04/2006
Dimensións 13,5 x 21 cm. mm.
Colección: Literaria
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-916-0
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

Eventos relacionados con este libro

AUTORES/AS

Capote, Truman
truman capote

Truman Capote (EEUU, 1924-1984).

Escritor estadounidense que naceu en Nova Orleans (Louisiana). Estudou no Trinity School e na St John’s Academy de Nova York.

Aos 23 años publicou a súa primera novela, Outras voces, outros ámbitos (1948), na que relata a procura da identidade dun xoven do sur.

Hai que citar ademáis Unha árbore de noite e outros contos (1949), Arpa de herba
(1951), Óense as musas (1956) e Almorzo en Tiffany’s (1958). A súa novela máis famosa é A sange frío (1966), unha ‘novela-documento’ que relata asasinato, sen motivo aparente, dos catro membros dunha familia de Garden City, Kansas, foi levada ao cinema no ano 1967 por Richard Brooks.
Capote é tamén autor dunha colección de ensaios titulada Música para camaleones (1980) e do guión para o musical Casa das flores (1954).

Así mesmo colaborou na escenografía da película A burla do diaño (1954). A súa obra foi aclamada pola crítica pola virtuosidade técnica que hai nela e a agudeza das súas observacións.

Capote morreu o 25 de agosto de 1984 nos Ánxeles.

As súas obras

Cruceiro de verán
cruceiro de verán
16.30€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE