Truman Capote (EEUU, 1924-1984).
Escritor estadounidense que naceu en Nova Orleans (Louisiana). Estudou no Trinity School e na St John’s Academy de Nova York.
Aos 23 años publicou a súa primera novela, Outras voces, outros ámbitos (1948), na que relata a procura da identidade dun xoven do sur.
Hai que citar ademáis Unha árbore de noite e outros contos (1949), Arpa de herba
(1951), Óense as musas (1956) e Almorzo en Tiffany’s (1958). A súa novela máis famosa é A sange frío (1966), unha ‘novela-documento’ que relata asasinato, sen motivo aparente, dos catro membros dunha familia de Garden City, Kansas, foi levada ao cinema no ano 1967 por Richard Brooks.
Capote é tamén autor dunha colección de ensaios titulada Música para camaleones (1980) e do guión para o musical Casa das flores (1954).
Así mesmo colaborou na escenografía da película A burla do diaño (1954). A súa obra foi aclamada pola crítica pola virtuosidade técnica que hai nela e a agudeza das súas observacións.
Capote morreu o 25 de agosto de 1984 nos Ánxeles.