Como lágrimas na chuvia

Jordi Sierra i Fabra

PREMIO LAZARILLO 2019

Grace é unha adolescente que coida da tumba do seu pai, Leo Calvert, unha lenda da música falecido nun estraño accidente uns anos antes, e á que acoden en peregrinación fans de todo tipo. Un deles, Norman, crúzase no camiño da moza e desata nela un remuíño de preguntas sen resposta ao redor da morte do pai e das cancións que deixou gravadas, gardadas no soto da súa casa, e que a súa nai, Rebecca, se nega a publicar. Pero a solución a estes enigmas tena unha única e insospeitada persoa. En Como lágrimas na chuvia, Premio Lazarillo 2019, Jordi Sierra i Fabra, a través dunha linguaxe moi próxima á mocidade, e coa outra paixón do autor como marco, a música, retrata o fracaso, o éxito, a traizón, a fama e a amizade; en definitiva, a condición humana.0015210124

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 260
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 18/03/2021
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-600-2
  • Edición :
  • Nº na colección : 124
  • Observacións :

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

Baixo as alas de abrilXoaquín Fernández Leiceaga
O xardín secretoFrances Hoodgson Burnett
O enigma de SantiagoXosé Antonio Neira Cruz
O cemiterio de barcosFrancisco Castro

Autor/a

Sierra i Fabra, Jordi
Naceu en Barcelona en 1947. É un dos autores españois máis prolíficos e recoñecidos internacionalmente. Autor de máis de douscentos libros e traducido a máis de vinte linguas, iniciouse profesionalmente no xornalismo e foi director de revistas fundamentais para a introdución en España da música rock, como Disco Exprés. Desde 1978 dedícase exclusivamente á literatura, alcanzando un extraordinario éxito de público e vendas. Entre as súas obras máis populares destacan Historia de la música pop, El joven Lennon, El tiempo del olvido, Nun lugar chamado Guerra e Durmido sobre os espellos. Algunhas das súas obras coñeceron adaptacións á televisión. En 2006 e 2010 foi candidato ao Nobel da literatura para xoves, o premio Hans Christian Andersen, representando a España. En 2011 entrou no padroado do Instituto Cervantes. A lista dos seus premios é interminable: Ateneo de Sevilla, Gran Angular, Vaixell de Vapor, Abril, Edebé, Cervantes Chico… En 2007 gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, concedido polo Ministerio de Cultura, coa súa obra Kafka y la muñeca viajera, publicado en galego por Galaxia.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR