Estás aquí:

Código: 1732

Castelao segundo Rañolas. Vida e obra de Castelao

esgotado

Castelao visto polos seus personaxes.

Esta é unha biografía un pouco diferente das que estamos afeitos a ler, pois a autora, cando estaba elaborando o texto, xuntando datos e redactando frases, tivo a idea de pedirlles aos personaxes creados polo propio Castelao que lle axudasen a contar algúns detalles da súa vida. Porque, a fin de contas, estes personaxes viviron moi de preto os pasos do grande autor, debuxante, político, pensador de Rianxo. Así foi como o Rañolas, Peito de Lobo, Pimpinela, o esquelete, Melchor e algún outro acudiron á chamada de Marilar. Pero —as cousas sempre teñen un pero—, estes personaxes ás veces non conseguiron poñerse de acordo, tendo cadaquén a súa propia idea de Castelao. Finalmente, despois de moito quentar a cabeza, a autora logrou que lle contasen unhas poucas lembranzas e acabar o libro. O resultado é o que tedes nas mans. Poderedes acompañar a vida dunha persoa da que nunca oirades falar así, a través dos seus personaxes. E por se fose pouco, quen ilustrou o texto é o propio Castelao. Seguro que despois desta lectura habedes querer saber máis del e decidiredes acudir aos libros que el mesmo escribiu: Cousas, Os dous de sempre

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 92
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/04/2000
Dimensións 121 x 214 mm.
Colección: Árbore
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-363-2
Observacións:

AUTORES/AS

Aleixandre, Marilar
Marilar Aleixandre

(Madrid, 1947) é feminista, narradora, poeta, tradutora e membro da Real Academia Galega desde 2017. Dona dunha das voces máis singulares das nosas letras, recibiu os máis importantes premios da literatura galega.

Desenvolveu un extenso labor académico na Universidade de Santiago e Compostela, centrando a súa investigación na argumentación e no pensamento crítico. Editorial Galaxia publicou o libro Mudanzas e outros velenos (2017), que reúne parte da súa obra poética; na colección Costa Oeste, Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros (2017) e A filla do minotauro (2018, Premio Raíña Lupa); na colección Literaria, A compañía Clandestina de Contrapublicidade (1998, Premio Álvaro Cunqueiro) e As malas mulleres (2021, Premio Eduardo Blanco Amor 2020 e Premio Nacional de Narrativa 2022); e, na colección Feminismos, Movendo os marcos do patriarcado. O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán (2021), xunto con María López Sández. 

As súas obras

A filla do minotauro
a-filla-do-minotauro
15.10€ CON IVE

COLECCIÓN

Árbore

A citación
foto
3.00€ CON IVE
A encrucillada da torre
foto
esgotado
A lúa non está á venda
a lua non esta a venta
3.00€ CON IVE
As aventuras de Billy Joe
foto
13.50€ CON IVE
Bestiario doméstico
bestiario-domestico
12.80€ CON IVE
A casa do paralelo 54
a-casa-do-paralelo-54
15.10€ CON IVE
Castelao segundo Rañolas. Vida e obra de Castelao
foto
esgotado
Dadá, o amigo invisíbel
Dada-o-amigo-invisibel
12.80€ CON IVE