A finais da década de 1970, Dorothé Schubarth e Antón Santamarina percorreron Galicia recollendo os cantares populares de tradición oral da boca dos seus intérpretes, que se reuniron nos sete volumes do Cancioneiro popular galego, o repertorio máis extenso da música popular de tradición oral galega, de onde se escolmaron estas Cántigas populares, agrupadas por xéneros e tipos: unha abundante colleita que vén enriquecer a nosa tradición cultural.
(Basilea, 1944-2023). Etnomusicóloga. Estudou a música popular do leste e oeste de Europa e dedicou gran parte do seu traballo á investigación e recompilación da música tradicional galega. A finais da década de 1970 percorreu Galicia recollendo melodías e textos do repertorio popular galego, en colaboración con Antón Santamarina, traballo que se plasmou na publicación do Cancioneiro popular galego, obra fundamental para a preservación do patrimonio musical de Galicia.
(A Fonsagrada, 1942). Catedrático de Filoloxía Romá-nica da USC e académico numerario da Real Academia Galega, as súas investigacións abarcan variados campos da lingüística galega. Participou na elaboración da normativa ortográfica (ILG-RAG) e codirixiu o Atlas lingüístico galego, ademais doutros proxectos relacionados coa sociolingüística, historiografía da lingüística galega, etimoloxía e onomástica, centrando o seu traballo na lexicografía, ámbito onde impulsou o Diccionario de diccionarios, ademais de dirixir o Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG).