Cantares gallegosRosalía de CastroRosalía de Castro é autora dunha das obras fundamentais da literatura galega de todos os tempos. O seu libro Cantares gallegos é considerado como a primeira grande obra da literatura galega moderna. A importancia literaria mais tamén simbólica deste poemario bótase de ver no feito de que a data da súa publicación, o 17 de maio, fose instaurada pola Real Academia Galega como Día das Letras Galegas. A obra da poeta inclúe outro dos poemarios máis sobranceiros da literatura galega, Follas novas (1880), e En las orillas del Sar, escrito en castelán, lingua na que tamén escribiu novelas coma La hija del mar (1859) e El caballero de las botas azules (1867). |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasRosalía de Castro, a ritmos novos2012-11-05 15:04:25 Unha fin de semana con Rosalía de Castro2013-03-05 11:37:04
Actividades relacionadasDía de Rosalía de Castro2009-02-24 09:00:00 CONFERENCIA DO PROFESOR XESÚS ALONSO MONTERO2013-05-04 12:00:00
Novidades
| |||||||||||
|