antoloxia

13,75€

mercar

Antoloxía poética

Ramón Cabanillas

Para conmemorar o quincuaxésimo aniversario da morte do poeta Ramón Cabanillas, Editorial Galaxia volve publicar a antoloxía da súa obra poética realizada en 1983 por Marino Dónega.

Esta nova edición, na que se que recuperan os textos orixinais dos poemas tal como foron publicados en vida do autor, correu a cargo da profesora e poeta Lucía Novas.

A obra de Ramón Cabanillas é fundamental para a historia da poesía galega do século XX. A antolóxía está ordenada seguindo as diferentes facetas ou rexistros líricos do poeta: desde o poeta cívico e social ao costumista e satírico, incluíndo as traducións parafrásticas que Cabanillas fixo de poemas de Heine, Goethe, Christina Rossetti ou Baudelaire.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 234
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 190 mm.
  • Data Publicación : 2009-11-09
  • Colección : Letras Galegas Clásicos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-241-3
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

grial-228Grial 228 VV.AA.
9788491515791Diario 1921Castelao

cabanillas

Cabanillas, Ramón
Ramón Cabanillas (Fefiñáns, Cambados, 1876-Cambados, 1959) foi funcionario do Concello de Cambados e, aos trinta e catro anos, emigrou a Cuba, onde viviu ata 1915. Na Habana publicou os poemarios No desterro (1913) e Vento mareiro (1915). De volta a Galicia, foi colaborador de A Nosa Terra, converténdose na voz lírica do movemento das Irmandades da Fala. Autor de Da terra asoballada (1917) e Na noite estrelecida (1926), libro no que Cabanillas reelabora os mitos do ciclo artúrico; no 1927 publica A rosa de cen follas, poemario intimista de tema amoroso. No ano 1920 foi elixido membro da Real Academia Galega e, no 1929, da Real Academia Española. Despois da súa estadía en Madrid na década de 1940, comeza unha nova etapa como poeta coa escolma de cantigas populares Antífona da Cantiga (1951), Da miña zanfona (1954) e Samos (1958), o seu último libro publicado en vida.

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1976.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR