(Basilea, 1944-2023). Etnomusicóloga. Estudou a música popular do leste e oeste de Europa e dedicou gran parte do seu traballo á investigación e recompilación da música tradicional galega. A finais da década de 1970 percorreu Galicia recollendo melodías e textos do repertorio popular galego, en colaboración con Antón Santamarina, traballo que se plasmou na publicación do Cancioneiro popular galego, obra fundamental para a preservación do patrimonio musical de Galicia.