Brooklyn FolliesPaul AusterO autor da Triloxía de Nova York, galardoado en 2006 co Premio Príncipe de Asturias das Letras, sorprende outra volta cunha novela na que conxuga brillantez, humor e axilidade narrativa. Algúns dos grandes mitos da cultura norteamericana, entre eles a liberdade de escoller o propio destino e a capacidade para xurdir logo do fracaso, constitúen o pano de fondo desta novela na que Auster artella a narración arredor dun mangado de personaxes trazados dun xeito extraordinariamente vívido e veraz. Brooklyn Follies é unha novela chea de sopresas, na que a carón da cidade de Nova York aparecen os Estados Unidos do fanatismo relixioso e o mundo idílico da sociedade rural como dúas caras da mesma moeda. Coma no resto da súa obra, Auster xoga coas referencias literarias e co valor da literatura para redimir as persoas. Natham Glass, o protagonista, non só atopa en Brooklyn un refuxio, alí volve a atopar o que daba por perdido: a emoción da amizade, a emoción do amor e a capacidade de reinventarse a si mesmo. Unha novela que explora as encrucilladas da vida, os puntos de inflexión nos que aínda é posible recuperar a liberdade e desmentir o destino. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasGalaxia convoca unha mesa redonda arredor da tradución en Galicia.2006-05-12 09:41:13 Paul Auster, levado ao galego por Galaxia co seu "Brooklyn Follies", é galardonado co Principe de Asturias das letras 2006.2007-05-23 10:33:50 Os máis vendidos no 20062008-06-25 10:03:44 Nova York na Feira da Coruña2008-01-15 10:24:36 Eva Almazán e Rodríguez Baixeras, premiados pola Asociación de Escritores en Lingua Galega2008-01-15 10:24:36
Obras do autor en catálogo
Actividades relacionadasGalaxia organiza un debate arredor da tradución en Galicia.2006-05-04 20:00:00
Novidades
| |||||||||||||||||||
|