Galaxia verque ao galego a obra de Auster, distinguido hoxe co Premio Principe de Asturias das letras. Logo do éxito obtido pola publicación, en galego antes que en castelán, de Brooklyn Follies, a última novela do galardonado, Galaxia vai continuar editando a obra do escritor e anuncia para o 2007 a súa próxima novela: Travels in the scriptorium, da que Auster está a realizar arestora unha versión cinematográfica.

O escritor estadounidense Paul Auster foi distinguido hoxe, 31 de maio de 2006, en Oviedo co Premio Príncipe de Asturias de las Letras 2006 ao imporse na última votación ao seu compatriota Philip Roth. Desde que no 1999 este premio se fixo extensivo a escritores de todo o mundo, Auster (Nueva Jersey, 1947) é o cuarto autor anglosaxón que se ergue co galardón tras Doris Lessing, Arthur Miller e Susan Sontag.

O Xurado reanudou as súas deliberacións a primeira hora desta mañá e, tras as últimas votacións, o seu presidente, Víctor García de la Concha, deu a coñecer ao mediodía o nome do gañador. Ao galardón concorrían este ano 26 candidaturas procedentes de 18 países, e nas votacións celebradas onte fóronse descartando escritores coma o albanés afincado en París Ismail Kadaré, o español Juan Goytisolo e a canadiense Margaret Atwood.

Philip Roth e Amos Oz eran, xunto con Auster, os tres grandes favoritos, también eran candidatos o portugués Antonio Lobo Antunes, o angoleño Luandino Vieira, o novelista turco Orhan Pamuk, o holandés Cees Nooteboom, a escritora e activista india Arundhati Roy, o crítico literario alemán Marcel Reich-Ranicki, o poeta e ensaista sirio-libanés Adonis e o poeta danés Henrik Nordbrandt.

Entre os autores en castelán, ademáis de Goytisolo, figuraban o poeta mexicano José Emilio Pacheco e o seu compatriota Elena Poniatowuska, os peruanos Carlos German Belli e Alfredo Bryce Echenique, o arxentino Ernesto Sábato, o uruguaio Mario Benedetti ou o español Arturo Pérez Reverte.

O Premio Príncipe de Asturias de las Letras do ano pasado obtivoo Nélida Piñón, editada tamén en galego en Galaxia coa súa vendidísima, van xa tres edicións, República dos soños e quen ofrecerán tamén aos lectores galegos no vindeiro outono A casa da paixón, unha edición que tamén fará posible Galaxia.

En edicións anteriores obtiveron o galardón Mario Vargas Llosa, Miguel Delibes, José Ángel Valente, Günter Grass, Doris Lessing, e Claudio Magris, entre outros.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR