Brooklyn Follies aparece uns días antes en galego que nas súas versións en catalán e castelán. Galaxia adiántase ao lanzamento nas outras dúas linguas.
Nesta novela un xubilado enfermo, Nathan Glass, relata a súa intención de mudarse ao barrio de Nova York para pasar con tranquilidade os seus derradeiros días, pero o destino e o azar crúzase nos seus plans…
Pasaean polas páxinas de Brooklyn Follies un falsificador, un libreiro utópico, unha nena que non quere falar, unha secta cristiá, unha muller que vive nun matrimonio perfecto, un homosexual caribeño, etc. Con todos estes presonaxes Auster tece unha rede de conexións que teñen ao seu protagonista no centro, quen volve a ser o actor principal da súa vida e colabora dalgún xeito con estas persoas que de súpeto desfilan pola súa exitencia.
Novamente o azar é un dos temas primordiais nesta última entrega de Auster, pero non esquece outras cuestións habituais na súa literatura como o fanatismo relixioso.
Unha trama increíble pero con verosimilitude e naturalidade para narrar. Dialogos que prometen que os seus libros sexan toda unha experiencia lectora.