Estás aquí:

Código: 335

As frechas de ouro

16,60  IVE INCLUIDO
A experiencia do Camiño de Santiago que chega aos lectores e lectoras a través dunha ollada diferente, matizada polo humor e a ironía, e cun xeito de narrar nada convencional.
As frechas de ouro é a primeira obra literaria escrita en galego por John Rutherford, profesor de lingua e literatura hispánicas no Queen's College de Oxford e Director do Centro de Estudos Galegos da mesma universidade. Unha orixinal e persoal obra de ficción na que o autor percorre o Camiño de Santiago. O profesor Rutherford semella encontrarse ben nun galego que el arrequenta co humor fino e sarcástico da literatura inglesa, coa súa capacidade para relatar polo miúdo os aconteceres positivos e negativos dunha peregrinaxe que ten moito de viaxe iniciática ou rito de paso, e que constitúe tamén unha fonte de aprendizaxe sobre os lugares e a xente que o viaxeiro atopa. As dificultades e satisfaccións dos peregrinos, a súa vivencia cotiá configuran unha viaxe literaria na que ficción e realidade se superpoñen e mesturan para acadar unha obra deliciosa, unha sorpresa para as nosas letras.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 252
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/12/2004
Dimensións 140 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-757-9
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

Eventos relacionados con este libro

AUTORES/AS

Rutherford, John
John

Rtherford nace en Saint Albans, Inglaterra, no ano 1941. É profesor de lingua e literatura hispánicas no Queen’s College da Universidade de Oxford dende 1968 e dende o 1991 Director do Centro de Estudos Galegos na mesma universidade. En 2004 publicou o seu primeiro libro en galego, a novela As frechas de ouro.

Foi Presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos e recibiu a medalla Castelao (1998), o Pedrón de Honra (2003) e o Premio Trasalba (2007). En 2011 foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña.

As súas obras

As frechas de ouro
frechas de ouro
16.60€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE