PREMIO DA CRÍTICA DE GALICIA NA CATEGORÍA DE INVESTIGACIÓN 2020
Este de Bieito Alonso é un verdadeiro libro de Historia como descuberta do pasado.
Descóbrenos o descoñecido do pasado e achéganos pasados descoñecidos. Afeitos como estamos en Galicia a camiñar sempre polos mesmos estreitos carreiros marcados polos devanceiros, cunha máis que marcada tendencia filolóxica, a obra de Alonso tráenos a frescura dun coñecemento historiográfico anovador e sobre un tema que por máis visitado e revisitado non deixa de ser un pozo sen fondo.
Do limiar de Lourenzo Fernández Prieto.

Ourense, 1958). Historiador, é autor dun número importante de obras, entre as que destacan: Breve historia do nacionalismo galego (1999), O exilio de Castelao. 1939-1950. Pensamento e acción política (2000), O sindicalismonacionalista galego, 1972-1982 (2003), Obreiros alén mar. Mariñeiros, fogoneiros e anarquistas galegos en New York (2006), A Nosa Terra, xornalismo e nacionalismo político (2008), Anarquistas galegos en América, Premio da Crítica de Galicia na categoría de Investigación 2020 (Galaxia, 2019) e Estendendo a rebelión. Sindicalistas marítimos galegos na América atlántica (Premio Manuel Murguía de Ensaio, 2021), así como unha manchea de traballos en obras de carácter colectivo e artigos en revistas especializadas.