Amor por catro

Helena Villar Janeiro

Amor por catro está formado por historias de amores primeiros,

eses que deixan a máis grande pegada no corazón. Os que non se esquecen. Amores que nos acompañarán na memoria para o resto das nosas vidas.

Nestes relatos atoparemos historias e vidas de xente nova que experimenta o amor, ás veces dende o conflito, mais sempre dende un forte desexo. A autora ocúpase de moitos dos perfís do amor, sen deixar de enfrontarse a temas espiñentos como a violencia de xénero. Un libro co que, estamos certos, han identificarse persoas de todas as idades. Porque todos amamos.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 136
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 02/05/2018
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-166-3
  • Edición :
  • Nº na colección :
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

Alba15,20€
Raúl8,95€

Actividades relacionadas


Novidades

Amiga lúa, amigo marClaudia Castro
O cabaliño de buxoXosé Neira Vilas

Autor/a

Villar Janeiro, Helena
(Becerreá, 1940) licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Madrid. Cultivou a poesía e a narración, con atención particular á literatura infantil e xuvenil. Presidiu a Fundación Rosalía de Castro, foi secretaria do Pen Club de Galicia e formou parte do Plenario do Consello da Cultura Galega. É socia de Honra de Gálix (2015) e da AELG, de quen recibiu o E de escritora (2016), e académica correspondente da Real Academia Galega desde 2017. Recibiu, entre outros, os premios de poesía, Xosé Mª Chao Ledo (1990), Eusebio Lorenzo Baleirón (1992), Xacobeo (1994), o accésit do M. González Garcés (1994) e Arume de Poesía Infantil (2003). Foto da autora: © Laura Guizán


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR