Amor por catro está formado por historias de amores primeiros, eses que deixan a máis grande pegada no corazón. Os que non se esquecen. Amores que nos acompañarán na memoria para o resto das nosas vidas.
Nestes relatos atoparemos historias e vidas de xente nova que experimenta o amor, ás veces dende o conflito, mais sempre dende un forte desexo. A autora ocúpase de moitos dos perfís do amor, sen deixar de enfrontarse a temas espiñentos como a violencia de xénero. Un libro co que, estamos certos, han identificarse persoas de todas as idades. Porque todos amamos.
(Becerreá, 1940) licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Madrid. Cultivou a poesía e a narración, con atención particular á literatura infantil e xuvenil. Presidiu a Fundación Rosalía de Castro, foi secretaria do Pen Club de Galicia e formou parte do Plenario do Consello da Cultura Galega. É socia de Honra de Gálix (2015) e da AELG, de quen recibiu o E de escritora (2016), e académica correspondente da Real Academia Galega desde 2017.
Recibiu, entre outros, os premios de poesía, Xosé Mª Chao Ledo (1990), Eusebio Lorenzo Baleirón (1992), Xacobeo (1994), o accésit do M. González Garcés (1994) e Arume de Poesía Infantil (2003).
Foto da autora: © Laura Guizán