LETRAS GALEGAS 2023
Editorial Galaxia, fundada en 1950, foi o punto de encontro, o proxecto compartido entre os sobreviventes do galeguismo anterior á Guerra Civil e as novas promocións intelectuais que agromaban daquela a unha empobrecida sociedade galega.
Este libro, de Francisco Fernández del Riego, é a narración da aventura cultural e política protagonizada por un feixe de homes que, nos anos máis escuros do franquismo, loitaron pola pervivencia da identidade de Galaxia; é a crónica daquela singular tarefa de reconstrución, contada por un dos seus principais protagonistas.
Francisco Fernández del Riego, don Paco (Vilanova de Lourenzá, 1913- Vigo, 2010), dende os anos 30 desenvolveu un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia. Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números. Ensaísta e narrador, é autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega.