Premio Ramón Piñeiro 2003
3ª Edición ampliada e revisada.
Outra maneira de pensar a Galicia do noso tempo.
Barreiro Rivas aborda distintos aspectos da realidade galega dende unha pluralidade temática que vai dende a organización do territorio e do medio aos comportamentos electorais, as relacións entre a cidadanía e o poder, as institucións e a vida cultural, o papel dos medios de comunicación, etc. Sempre cun espírito crítico e procurando estimular o debate.
Barreiro Rivas (Forcarei, 1949) é un referente obrigado no discurso da ciencia política da Galicia do noso tempo. Gran coñecedor da nosa realidade, protagonizou algúns dos momentos máis intensos e ambiciosos da construción da autonomía galega.
É Director do Departamento de Ciencia Política e da Administración da USC e Director en Galicia da UIMP. Desenvolveu unha importante actividade política en Galicia como parlamentario, vicepresidente e conselleiro da Presidencia da Xunta de Galicia. É articulista en La Voz de Galicia e autor de libros como Ciencia política e ética do poder (1990), La función política de los caminos de peregrinación en la Europa medieval (1997), Os partidos políticos en Galicia. Da UPG ó BNG: o proceso organizativo do nacionalismo galego e A terra quere pobo, co que obtivo o III Premio Ramón Piñeiro de Ensaio.