Sale! |
A forma das nubes (VI Premio Repsol 2012)María López SándezPremio de Narrativa Breve Repsol 2012 Narrada en primeira persoa, cunha voz que conxuga o presente e o pasado da protagonista, A forma das nubes é unha pescuda na infancia como xeito de comprender o amor e fuxir do desamparo no que nos deita a vida. A fotografía, o cinema, a moda e a beleza configuran o pano de fondo desta narración que López Sández escancia cun ritmo intenso, constante; ritmo narrativo ao que se suma o contrapunto dun enigma central que a novela aproveita como recurso literario e como estímulo para o pensamento de quen le. Cando ten trece anos, unha rapaza emprende unha viaxe que o ha cambiar todo e na que coñece unha actriz engaiolante e cativadora. Xa adulta, lembra aqueles momentos tinguidos de beleza e violencia. Os retallos do pasado, os fragmentos de lembranzas, deseñan un mosaico no que a protagonista procura unha forma, un sentido, coma quen contempla as nubes para recoñecer nelas figuras do mundo real. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasMaría López Sández recibiu o VI Premio de Narrativa Breve Repsol2012-12-18 09:22:42 'A forma das nubes', libro do mes2013-01-09 08:43:31 Segunda edición para 'A forma das nubes'2014-03-17 08:52:45
Actividades relacionadasEntrega do Premio Repsol 20122012-11-29 20:00:00
Novidades
| ||||||||||
|