VIII Premio de Narrativa Breve Repsol 2014
Correr. Vivir. Sobrevivir. Unha persoa atravesa a pé a illa da Reunión, no Océano Índico. Por que corre? Cumprirá o seu obxectivo? Os ritmos africanos do maloya van marcar a cadencia desenfreada dunha carreira que agocha un segredo terrible e escuro. Santiago Lopo desvela os misterios da antiga Îlle Bourbon, nunha novela que engaiola dende a primeira páxina grazas a unha narración áxil e intensa. A Diagonal dos Tolos é unha fiestra aberta aos vieiros tortos que dan forma á historia da humanidade.

Santiago Lopo (Vigo, 1974) é profesor de francés na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. Iniciouse profesionalmente traducindo guións cinematográficos para televisión e, en 1998, traduciu para o galego, xunto a Xavier Queipo, dúas obras do escritor francés Hervé Guibert: Citomegalovirus / O meu criado e mais eu. En 2006, gañou o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia, con Game Over. En 2009, publicou Peaxes, a súa segunda obra de narrativa de ficción. En 2014 gañou o Repsol de Narrativa Breve pola súa obra A diagonal dos tolos.