A diagonal dos Tolos. Catro maratóns xuntos. Case 180 kilómetros de carreira heroica, atravesando selvas, caeiras volcánicas, barrancas e cavorcos, na illa de Reunión, no océano Pacífico.
"A diagonal dos Tolos", novela de Santiago Lopo (Vigo, 1974) que mereceu o premio Repsol na súa última convocatoria, é un relato baseado nun contexto real: unha competición atlética e popular que rompe todos os esquemas. ¿Qué leva ao protagonista a someterse a una experiencia límite destas características, onde algunas persoas mesmo perderon a vida?
A illa de Reunión, que pertence á República Francesa, foi primeiro dos árabes (século X), despois dos portugueses (sec XVI), dende o século XVIII de Francia. A cultura colonial. A negritude. A escravitude. A loita pola liberdade. A superación a través do esforzo individual e mesmo do sacrificio físico. En determinado momento o protagonista cita a obra de Murakami, tamén editada por Galaxia: "Do que estou a falar cando falo de correr". Pierre, o protagonista do relato, non corre por gañar, senón para vencer un desafío máis persoal, máis íntimo, relacionado coa historia da propia familia. Como pano de fondo, o lector vive tamén a carreira desesperada de P., o escravo que fuxe dos amos (n en certa menerira de si mesmo).
Unha novela distinta que fala dun novo tempo da narrativa galega: una nova xeración da que Santiago Lopo é xa un nome a salientar.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR