Este xoves presentaremos o novo libro de Inma López Silva, 'Maternosofía', dentro dos actos da Feira do Libro de Vigo. Ademais da autora, intervirán a escritora Mª Xosé Queizan e o director de edicións de Galaxia, Carlos Lema.
"Hai equivalencia entre escribir e parir". Así xorde este libro, como unha exaltación da literatura que dá algo a nacer. López Silva ofrécenos un texto realista, lúcido, reflexivo e desmitificador. Asegura a escritora que non se trata de exaltar a maternidade. "Nove meses de sensacións, impresións e cambios; foi un gozar e sufrir coma nunha novela con final feliz".
Para Inma López Silva é unha declaración de principios "no parto está a sabidoría". A escritura deténdse aí, non se pode dicir máis: a historia sae á luz no libro.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR