PITUSA SEMIFUSA en Vigo

Categoría: Nova

A Semana da Música Infantil na Feira do Libro producida por Galaxia, chega á súa cuarta xornada este xoves, ás 19 horas, co espectáculo PITUSA SEMIFUSA baseado no libro-disco de mesmo nome editado por Galaxia e da autoría musical de Olga Brañas. Sérgio Tannus, Xiana Lastra e a propia Olga Brañas subirán ao escenario da Alameda viguesa para cantarnos as cancións desta nena especial, Pitusa Semifusa, que quere sabelo todo sobre o mundo da música.
Vai ser unha xornada grande de música e baile na Feira do Libro de Vigo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email