A Consellería de Cultura e Educación e Fundación Repsol renovan a súa colaboración no impulso da literatura en galego a través da VIII edición do Premio de Narrativa Breve Repsol
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o vicepresidente da Fundación Repsol, César Gallo Erena, renovaron hoxe a colaboración de ambas as entidades para o impulso da literatura en lingua galega a través da VIII edición do Premio Narrativa Breve Repsol. A dotación económica do premio, que por segundo ano […]
Presentación de MATERNOSOFÍA de Inma López Silva en Vigo
Este xoves presentaremos o novo libro de Inma López Silva, 'Maternosofía', dentro dos actos da Feira do Libro de Vigo. Ademais da autora, intervirán a escritora Mª Xosé Queizan e o director de edicións de Galaxia, Carlos Lema. "Hai equivalencia entre escribir e parir". Así xorde este libro, como unha exaltación da literatura que dá […]
PITUSA SEMIFUSA en Vigo
A Semana da Música Infantil na Feira do Libro producida por Galaxia, chega á súa cuarta xornada este xoves, ás 19 horas, co espectáculo PITUSA SEMIFUSA baseado no libro-disco de mesmo nome editado por Galaxia e da autoría musical de Olga Brañas. Sérgio Tannus, Xiana Lastra e a propia Olga Brañas subirán ao escenario da […]