O portal GALEGO.EU, que leva moitos anos seleccionando os libros máis acaídos para a lectura en todos os chanzos de idade, vén de actualizarse. No listado actual, hai unha moi boa cantidade de libros publicados pola Editorial Galaxia.
Títulos coma Prohibido casar, papá, de Fina Casalderrey, Chamádeme Simbad, de Francisco Castro, Das novas cousas de Ramón Lamote, de Paco Martín, Os dous de sempre, de Castelao, Anagnórise, de María Victoria Moreno, O sol do verán, de Carlos Casares, Deixe a súa mensaxe despois do sinal, de Arantza Portabales, O libro da filla, de Inma López Silva, ou O paraíso dos inocentes, Premio Torrente Ballester 2019, de Antón Riveiro Coello, son só algúns dos moitos libros que recomendan neste blog de referencia.
Se queredes consultar toda a lista, podedes acceder premendo aquí.