Os dous de sempreCastelaoGraza, tenrura e melancolía nun libro no que Castelao plasma a súa visión esencial do pobo galego. Esta novela, publicada por primeira vez en 1934, converteuse, desde a súa recuperación por Galaxia en 1967, nun dos libros preferidos polos nosos lectores, que fixeron del unha das obras de máis difusión de toda a historia da literatura galega. É a historia de dous tipos universais, Pedriño e Rañolas, que encarnan dúas maneiras de ser de sempre. O primeiro, que ve o mundo desde a perspectiva da ra, sería quen de comer o seu pai polos pés. O segundo, que se fose rico andaría nun cabalo branco, ve o mundo desde a perspectiva alta do paxaro. Os dous de sempre é a única novela de Castelao. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasCastelao sempre en Galiza2009-09-14 14:39:56 O Castelao de sempre2015-10-15 14:37:18
Obras do autor en catálogo
Actividades relacionadasNovidades
| |||||||||||||||||||||||||||
|