A Fundación Otero Pedrayo organiza durante os meses de outubro e novembro, catro Obradoiros Literarios que gravitarán arredor da figura de don Ramón. Dirixidos a quen gusta de escribir e centrados no libro de Otero Pedrayo, 'Historia dun neno', as asistentes, en xornadas de venres e sábado, asistirán a, por unha banda, un Obradoiro de Escrita Creativa con Francisco Castro e a unha sesión de Contacontos e Oralidade con Eugenia Muñoz.
Os Obradoiros desenvolveranse nas localidades de Trasalba, Amoeiro, Coles e Vilamarín.
No cartel que acompaña estas liñas está toda a información para anotarse e gozar dunha actividade lúdica centrada na palabra e na creación.