Antón Seoane revisa a historia recente da nosa música

Categoría: Nova

O músico Antón Seoane, un dos fundadores de Milladoiro, ultima nestes días a publicación do libro-disco 'Do Voces Ceibes a Milladoiro' que verá a luz contra finais do ano ou primeiros do ano que vén, e no que se ocupará de analizar polo miúdo, como protagonista en primeira persoa que foi, unha época que é necesario entender para comprender as claves de todo o que, a nivel de formacións musicais de corte galega (mais tamén na política ou na cultura en xeral), veu despois. Así, o proposito, en palabras do autor "é dar a coñecer un movimento musical que racha con Voces Cceibes e que directamente enlaza cun momento concreto da historia do nacionalismo neste pais, é dicir o Movimento Popular da Cancion Galega". No libro asistimos, cun abondoso material gráfico, testemuño excelente do que foron aqueles tempos, a unha explicación, dende a súa perspectiva, do que foi todo aquel movemento contestatario e atrevido, tanto dende o punto de vista político como musical.
O libro sairá publicado cun disco con algúns dos éxitos da época, seleccionados polo autor, no que aparecen algúns dos grandes protagonistas daquel tempo como Rodrigo Romaní ou Pilocha, entre outros, e acompañado dun DVD onde moitos protagonistas daquel tempo, non só da música, revisitan aquela época fascinante.

Comparte nas túas redes sociais ou por email