Conversas con Simbad

Categoría: Nova

Mañá xoves, ás 18:30 h, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña, terá lugar este coloquio co escritor Francisco Castro arredor do seu libro Chamádeme Simbad, en conmemoración do Día Internacional de Alzheimer, que se celebra este venres día 21.

O acto está enmarcado dentro das actividades do programa "Biblioteca en Acción" e será presentado pola Bibliotecaria Mercedes Cerdeiras Uría.

'Chamádeme Simbad' aborda a cuestión da doenza do alzhéimer dende os ollos de Paulo, un cativo de dez anos que ve o progresivo deterioro do seu avó mentres os adultos ollan para outro lado. O mundo dos contos, en especial o personaxe de Simbad, será o punto de unión entre avó e neto nunha aventura que aposta polo amor e a tenrura como tratamento máis importante para aplicarse todos os que padecen ou están relacionados con esta dura enfermidade.

Comparte nas túas redes sociais ou por email