O escritor Xoán Vicente Viqueira, de quen temos publicado no noso catálogo o seu 'Ensaios e poesías' protagonizou onte a actualidade cultural ao facer entrega Xosé Manuel Beiras dunha importante documentación relacionada con el. Entre outros documentos, recibiuse na RAG o título de licenciado en Filosofía pola Universidade Central de Madrid.
Sen dúbida, importante documentación que servirá para coñecer mellor a un dos grandes inspiradores das Irmandades da Fala e creador, pioneiro, dun plano de estudos integramente en galego.