Esta semana tivemos o pracer de recibir na editorial a visita de 24 alumnos e 3 profesores do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol, un centro escolar de Bos Aires co plan educativo en galego, con 500 alumnos en tres niveis (infantil, primaria e secundaria).
Coñeceron parte da historia de Galaxia, das nosas instalacións e do funcionamento desta casa e nos agasallaron cunha medalla do seu centro, da que fixo entrega o alumno Juan Ignacio García Marinovich a Carlos Lema, director de edicións de Galaxia.