Mércores de música na Feira do Libro da Coruña

Categoría: Nova

A oferta da Editorial Galaxia para a xornada do mércores 7 de agosto na Feira do Libro da Coruña pasa pola música.
Ás 20 horas desenvolverase, dentro do ciclo de música infantil que titulamos 'Lemos, cantamos, gozamos…', o espectáculo, pensado para o público familiar, 'Toc-Toc' a cargo de Pablo Díaz. Será case que unha hora de música divertida para que ninguén quede sen cantar nin bailar.
E unha hora despois, ás 21 horas, na mesma carpa que a Editorial Galaxia habilitou para encher de propostas músicais todos os días da feira, a cantante galego-palestina Najla Shami, presentará o seu libro-disco 'Na lingua que eu falo'. A artista estará acompañada polos editores Víctor F. Freixanes e Francisco Castro e interpretará algúns dos temas presentes neste traballo musical centrado na figura de Rosalía de Castro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email