Mércores de música na Feira do Libro da Coruña

A oferta da Editorial Galaxia para a xornada do mércores 7 de agosto na Feira do Libro da Coruña pasa pola música. Ás 20 horas desenvolverase, dentro do ciclo de música infantil que titulamos 'Lemos, cantamos, gozamos…', o espectáculo, pensado para o público familiar, 'Toc-Toc' a cargo de Pablo Díaz. Será case que unha hora […]

'Bícame Frank' e 'Rosalía pequeniña', o martes na Feira da Coruña

Mañá martes, e como todos os días da Feira do Libro da Coruña, a editorial Galaxia terá unha importante presenza. Hai dúas citas, ben distintas, programadas para as 20 horas. Por unha banda, e dentro da carpa infantil e do programa 'Lemos, cantamos, gozamos' contaremos coa presenza de Uxía quen presentará, cun pequeno concerto en […]

Cociña na Feira do Libro da Coruña

'A cociña dos Cunqueiro' o domingo, e 'As lambetadas de LARPEIROS' o luns, serán dúas das primeiras presentacións que a Editorial Galaxia organiza no marco da Feira do Libro da Coruña. Así, o domingo, ás 20.30 horas presentaremos 'A cociña dos Cunqueiro', de Elvira González-Seco Seoane. No acto participarán César Cunqueiro, autor do limiar e […]

O luns comeza a Semana da música infantil na Feira do Libro da Coruña

Este venres dá comezo na Coruña a Feira do Libro. E como todos os anos, a nosa editorial vai ter un protagonismo moi importante, destacando moi en especial a Semana da Música Infantil na Feira do Libro baixo do título xenérico de ‘Lemos, cantamos, gozamos’. E así, dende o día 5 ata o 10, artistas […]

Galaxia, Premio Fernández Latorre 2013

"O Padroado da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, constituido en xurado para fallar o LV Premio Fernández Latorre, instituido en memoria do fundador de La Voz de Galicia, acordou conceder por unanimidade o Premio Fernández Latorre na súa edición do 2013, dotado con 10.000 euros, á Editorial Galaxia", di literalmente a acta da concesión. "O Xurado […]

Suspendido o acto de entrega da Medalla de Galicia

Despois do grave accidente ferroviario do pasado mércores, a Xunta de Galicia decidiu desconvocar o acto de entrega da Medalla de Ouro de Galicia que ía recibir, ao tempo que a ONCE e Ceferino Díaz a título póstumo, a Fundación Penzol. A data de entrega e celebración do acto comunicarase en días vindeiros.

'Rosalía pequeniña' xa en Spotify, iTunes…

Dende onte xa é posible acceder ao disco 'Rosalía pequeniña', de Uxía, dende Spotify, iTunes e, en definitiva, dende todas as plataformas de venda dixital. Sen dúbida, un salto importante para acceder ao mercado global e a este novo xeito de escoitar música dun xeito só dixital. O libro-disco de Uxía foi publicado hai uns […]