'Bícame Frank' e 'Rosalía pequeniña', o martes na Feira da Coruña

Categoría: Nova

Mañá martes, e como todos os días da Feira do Libro da Coruña, a editorial Galaxia terá unha importante presenza.
Hai dúas citas, ben distintas, programadas para as 20 horas. Por unha banda, e dentro da carpa infantil e do programa 'Lemos, cantamos, gozamos' contaremos coa presenza de Uxía quen presentará, cun pequeno concerto en formato acústico, o seu 'Rosalía pequeniña', o libro-CD que vimos de publicar recentemente.
E, para os apaxonados das aventuras do detective Frank Soutelo, o seu autor, Miguel Anxo Fernández, pasará pola carpa central para, na compaña de Alba Sotelo, autora da fotografía da cuberta do libro, o guionista e escritor Ángel de la Cruz, e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, presentar 'Bícame, Frank'.
Dúas citas para que toda a familia bote o serán nos xardíns de Méndez Núñez na compaña da mellor música e da mellor literatura.

Comparte nas túas redes sociais ou por email