María López Sández e Francisco Castro falaron de literatura en Alemaña

Categoría: Nova

Dende o pasado mércores ata onde domingo, a escritora María López Sández e o escritor e editor Francisco Castro tiveron ocasión de participar no Europäisches Festival des Debütroman de Kiel que se celebra nesa cidade alemá.
A literatura galega tivo presenza, na semana das letras galegas, neste importante festival que concentra escritores de toda Europa para cinco días nos que partillar ilusións, establecer contactos, falar de libros e edición e, en definitiva, compartir os asuntos do oficio das letras.
María López Sández mantiveron encontros co alumnado da Universidade de Kiel, tanto co grupo de estudantes de galego da profesora e investigadora Antía Marante, como co estudantado de español. Ao tempo, e dentro das actividades do Festival, tiveron ocasión de debullar asuntos relacionados coa creación literaria, e, incluso, no caso de 'A forma das nubes' escoitar un fragmento traducido ao alemán.
Palabras en moitas linguas europeas e tamén en galego. Porque a nosa literatura é unha máis das moitas, e vizosas, que se producen en Europa.

Comparte nas túas redes sociais ou por email