O futuro de Europa está na Europa dos pobos
Europa é un proceso en construcción. Hoxe convén lembralo, máis ca nunca. Un proxecto destas características, certamente histórico, non se consuma en catro ou cinco anos, leva décadas, ás veces xeracións. Mais cómpre unha pedagoxía social e política que non existe, porque os estados seguen traballando para si, co egoísmo do particular, non co necesario […]
50 anos de GRIAL
A revista GRIAL cumpriu medio século de vida e 200 números publicados. Todo un fito histórico que queremos conmemorar tamén na Feira do Libro de Vigo cun encontro cos lectores e lectoras e con todos aqueles que aman a nosa cultura. Así, este mércores, ás 19 horas, haberá un coloquio no que intervirán os codirectores […]
TAMBO na Semana da Música Infantil da Feira do Libro de Vigo
A Semana da Música Infantil chega á súa terceira xornada, este mércores ás 19 horas cun concerto de música infantil que gravitará arredor do libro-disco de Vïctor Castro e Laura García, TAMBO, publicado por Edicións do Cumio. Tambo é un proxecto multiformato que integra nunha soa obra aspectos musicais, audiovisuais, literarios e de expresión corporal. […]
Pablo Díaz actúa na SEMANA DA MÚSICA DA FEIRA DO LIBRO DE VIGO
Toda a semana, dende o luns ata o domingo, ás sete da tarde, os autores de música infantil máis sobranceiros do noso país actúan na Alameda viguesa dentro da Semana da Música Infantil que produce a Editorial Galaxia. O luns é tempo para Víctor Castro quen leva aos escenarios a obra de Akiko Ishihara O […]
Arranca a SEMANA DA MÚSICA INFANTIL na Feira do Libro de Vigo
Este luns, e cun concerto diario ás 19 horas e ata o vindeiro domingo, arranca na Feira do Libro de Vigo a Semana da Música Infantil, unha produción da Editorial Galaxia que xa gozou dun grande éxito o ano pasado e que este ano completouse cun convite a Edicións do Cumio e a Kalandraka para […]
Pepe Carballude presentou MARXINADOS na Estrada
Ninguén quixo faltar á presentación, onte na Estrada, do novo libro de Pepe Carballude, 'Marxinados', que vimos de publicar na nosa colección Costa Oeste. Canda o autor, compartiron escenario o profesor Carlos Loureiro, o editor Francisco Castro e, sobre todo, unha visita de excepción, que non estaba prevista, pero que colleu a palabra para, coa […]
Galaxia publica os DÍAS DE CUBA de Xosé Neira Vilas
Estes días chega ás librerías de todo o país o novo libro de Xosé Neira Vilas, titulado 'Días de Cuba' que a Editorial Galaxia publica na súa colección 'Memoria'. 'Días de Cuba' é unha minuciosa memoria persoal que nos traslada a un país que vive unha singular experiencia no seu devir; unha illa da América […]
A familia de Díaz Castro en Guitiriz
A celebración do Día das Letras contou coa asistencia dos fillos e netos de Xosé María Díaz Castro, que se desplazaron dende Euskadi para asistir aos actos. Foi una xornada emocionante. Na fotografía, de esquerda a dereita, podemos ver a Isabel (compañeira de Aitor, neto do poeta), Armando Requeixo, Luis G. Tosar, Xosé María Díaz […]